Ir al contenido principal

En galego



Nesta sección, un pouco de literatura en galego. O galego é unha lingua propia da autonomía de Galicia, en España. Lingua fermosa e de novas palabras, sufriu censura e rechazo na recente historia do país, especialmente tras a guerra civil. Inda así, foise iniciando pouco a pouco unha recuperación progresiva desta lingua, que volveu ter cabida nos medios de comunicación, na cultura... Volveuse realzar a lingua como ponte coñecedor  desta terra meiga!


DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Ola de novo meus! 
En Galicia, cada 17 de maio dende 1963, un escritor é recoñecido por un día enteiro en toda a nosa comunidade. Esa persoa ten que levar un determinado número de anos morto pero por suposto que na súa vida salientara a relevancia que ten a nosa lingua.

Vou facer un listado con todos os afortunados, pero mentres, ensínovos a afortunada deste ano 2021:


XELA ARIAS!




TOP LIBROS EN GALEGO




NARRATIVA

PARA PÚBLICO INFANTIL

12-12-2020
Hoxe vos traio un libro moi especial do que gardo un sentimento que mestura moitas bágoas e moitas risas. Este libriño é da editorial Rodeira (colección Tucan), Premio Edebé de Literatura Infantil e dunha autora creo, coñecida. O estanque dos parrulos pobres, de Fina Casalderrey.


Non me gusta facer ningún adianto das historias xa que prefiro que as disfrutedes, neste caso, cos nenos da casa. A idade recomendada, dos 8 anos para arriba, xa que trata un tema como o caso da marcha definitiva dun ser querido, e máis ou menos nesta idade e cando os rapaces comezan coas dudas existencias propias da vida.
Deixovos o resumo do propio libro:

"Co seu avó, Noema aprendeu moitas cousas, xa que o avó é sabio. E tamén é un campión e un pirata. Con el xoga a morrer, que é moi doado. Un só ten que botarse na cama, pecha-los ollos e poñer unha man enriba da outra".



PARA PÚBLICO XUVENIL-ADULTO

Hai libros fermosísimos en galego! Caso dos seguintes dos que vos vou falar.

 
Este libro, escrito por Suso de Toro, ten unha historia máis que curiosa. O autor atopou nunha feria de antiguedades, un escrito que contaba a historia de Morgún, pai/nai (isto xa o entenderedes ao leelo) do futuro heroe Breogán. Unha historia chea de aventuras, maxia, loitas... Inesquecible. Disfrutei moito lendoo. O seu final deixa unha amargura extraña, que podes comprender tras seguir durante todo o libro os pasos do protagonista. 
Ten un xiro incrible xa no comezo da historia que me deixou fascinada, sorprendida (non o agardaba para nada) e triste :(


Francisco Castro (tamén escrito do libro Chamádeme Simbad) gañou con este libro o premio por entregas de "La Voz de Galicia", xornal moi coñecido na nosa autonomía. O Corazón da Branca de Neve é un libro moi necesario para entender polo que teñen que pasar moitas persoas refuxiadas, desesperadas por atopar unha vida mellor, ao chegar as nosas costas.
Novela de investigación, acompañamos ao  inspector Hermida  na procura da filla de Leila (unha rapariga refuxiada que fuxe do seu país para fuxir do embarazo da vergoña mentres agarda a chegada do seu mozo en España) a cal lle roubaron recén nacida, sendo enganada por unha especie de mafia enuberta nunha ONG . Moi fácil e rápida de ler! Engancha!



01-12-2020
Hoxe os veño cunha lectura tan especial...Fíxome chorar a min e a miña nai xuntas!
É fermoso, triste... tantas cousas á vez!
Falo do libro O neno do pixama a raias, de John Boyne.

A pedimento do autor, non podemos contarche o miolo deste libro. Porén, queremos avisarche de que lerás a historia dun neno de 9 anos, que se atopará cun aramado. No mundo hai milleiros de aramados coma este. Agardamos que ti nunca te atopes con ningún, e que, se o fas, teñas forzas para librarte del.




Este é un resumo extraído da sinopse do propio libro. A que esperta moita curiosidade? A que agardad? Comeza a lectura! Seguro gustarache!

21-01-2021

Hoxe traio un libro moi especial cuxa lectura finalicei anteonte: A boca do monte, de Celia Díaz Núñez. Este novela de narrativa histórica, creo que é para todos os públicos pero está ben polo na sección de xuvenil. O tema principal é a construcción da chamada "boca do monte", en Montefurado. Unha macroobra para a extracción de ouro das augas do Sil que interesaba moito aos recén chegados romanos.


A historia trata dúas situacións distintas: á dun inxenieiro liberto romano cuxo obxetivo é sorprender ao emperador co seu proxecto para acadar un posición social maior da que ten (para poder casar co seu amor) e a outra, segue aos castrenxes do Castro de Ares, que a través dos seus ollos, imos poder a tortura e a sumisión á que teñen que someterse por culpa da avaricia romana. Que ocorrera? Rematarán o túnel? A ler!

É un libro moi ben realizado tanto na ambientación coma no traballo de investigación previo para poder realizar esta historia. Coxea, ao meu parecer nos personaxes secundarios, xa que profundiza pouco neles, é só son persoas que poderemos describir cunha palabra e dúas liñas máis de información. Mais o relato non era como agardaba! É diferente e a idea moi orixinal e atrevida!

Imaxe do entorno do túnel de Montefurado

-------------------------------------------------------------------------------------
01-03-2021

A vida secreta de María Mariño é un libro que non agardaba para nada que fora como foi. Esta biografía da poeta galega (Letras Galegas 2007) feita por Fran Alonso é de lectura amena, rápida e que non deixa a ninguén impasible. 

Pouco máis teño que dicir, xa que o resto e a vida desta incrible muller que vola contarei no apartado de biografías do blog, e tamén un pouco más abaixo, vos traerei uns cantos poemas dela. Son tan fermosos coma ela!








10-10-2020

Vouvos falar dun libro de Manuel Rivas moi coñecido e adapatado á gran pantalla. Ese é...




O lapis do carpinteiro foi unha lectura conxunta que fixen co meu pai. Nela Herbal, un cabo que vixía ao doutor Da Barca, un preso republicano namorado de Marisa Mallo (unha fermosa moza) o cal presencia a súa especial historia de amor cara á liberdade. 
Cóntallelo todo anos despois na taberna onde traballa a unha prostituta chamada María da Visitaçao.
Mais non só a historia dos namorados aparece aquí, senón a dos demáis presos que se van atopando e tamén a do propio cabo.
O elemento do lapis é moi importante. Un símbolo de resistencia. O pintor, ao que o propio Herbal deu fin a súa vida, aparece despois de morto (semella un Pepiño Grilo) converténdose na voz da conciencia do garda e facéndolle sentir algo esquecido pola guerra: a empatía, o latexar do seu corazón humano.

A mensaxe do libro fala da crueldade das guerras no campo ideolóxico e toda a barbarie que acontece consecuencia do odio entre iguais, pero sobre todo da importancia do amor para a supervivencia, é dicir, a esperanza na escuridade.

É un libro de lectura sinxela, con partes duras e algunhas máis luminosas cun humor intelixente e moi característico deste autor. A min fíxoseme un pouco lenta nalgunhas partes pero logo xa é "apertar" aos protagonistas até o final.


18-03-2021

Sempre estudando autores galegos que tiña pendentes por ler... Caso de Ánxel Fole e que xoia de escritor atopei con Á lus do candil. Libro de relatos que contan catro fidalgos reunidos nunha torre do século XIV e aillados pola neve en terras di Caurel, pasan as noites contando historias a carón do lume. Historias de aparecidos, lobos, premonicións...




Teño que recoñecer que ao principio pareceume un pouco parada e seica pensei que todas as historias ían ser un pouco do mesmo pero equivoqueime. Además de historias tensas e algunhas que te fan escachar coa risa, conta cuanhas descripcións tan fermosas da natureza. Un 10 Ánxel, tes un 10!



23-06-2021


Luns, de Eli Ríos é unha obra que tes que ler si ou si!
Nerea é unha muller casada, con dous fillos que considera que xa alcanzou todo o que tiña que alcanzar na súa vida. Mais un luns, o seu mundo da un xiro coa nova de que ten un cancro moi agresivo que xa lle está a contar os días. Que pasará co futuro de Nerea? Salvarase ou morrerá? Preguntas que permitirán que ela poida espertar da triste realidade rutinaria na que vive.










____________________________________________________________


POESÍA



__________________

TEATRO

14-02-2021
Nesta categoría comezarei cunha comedia super entretida sobre os prexuízos lingüísticos que conviven coa lingua galega: Comedia bífida, de Manuel Núñez Singala.
-

Un xuízo aos falantes dunha lingua. Catro os acusados a declarar, todos cunhas personalidades distintas pero con algo en común: prexuízos sen sustificación ningunha. Os prexuízos son un xuízos de valor cuxo obxectivo é o de desvalorizar unha lingua ou aos falantes desta, pero sen ningunha base científica e feitos dende a ignorancia.


Creo que é unha boa lectura para todo o mundo. Sobre todo para estudantes que comezan a ver este tema na materia de lingua galega, propia da nosa comunidade. Sería un bó exercicio recoñecer os prexuízos, clasificalos... É unha boa forma de aprendelos!

Ten un humor intelixente que fai moi amena a lectura! Sen dúbida, foi un bo proxecto para convertelo nunha obra de teatro e transmitir a súa mensaxe de defensa da lingua aos espectadores :)


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

¡Hola a todos! ¿Cuántos libros habéis leído este año? ¿Muchos o más bien pocos? ¿¡Ninguno!? No te preocupes, en  este blog lo que sobran son ideas y recomendaciones que te pueden hacer la vida un poco más entretenida.  ¡Anímate y déjame tu opinión! Meduss142 ¡Echad un vistazo y no os olvidéis de comentar cuanto podáis!